LUZ DA PAZ DE BELÉN
![]() |
A Luz da paz é unha iniciativa dos Scouts e Guías de Austria que, coa colaboración de scouts e guías de diferentes países do mundo, reparten a Luz de la Paz de Belén que acendeu un nen@ austriac@ na cova do nacemento de Xesús en Belén. Posteriormente, os Scouts e Guías de todo o mundo distribúena por hospitais, residencias de anciáns, cárceres e outras asociacións das súas vilas e cidades. Un ano máis, Scouts de Galicia - ECG nos sumamos xunto aos nosos compañeiros de todo o MSC a este proxecto, e este 2009 a luz chegará dende Viena a Barcelona o 13 de decembro ás 18h30 á parroquia de Sant Agustí, onde agardamos que este ano poida volver estar presente unha delegación dos nosos "VIAXEIROS da LUZ" Nesta mesma páxina podedes atopar os materiais para este 2009 e a historia deste proxecto |
Materiais Luz da Paz de Belén 2009 Para abrir fronteiras Os materiais da Luz da Paz de Belén de 2009 ofrecen a oportunidade de facer cos nenos e nenas, mozos e mozas dos nosos grupos scouts, dos grupos de catequese, da clase, etc... un presebe, e á vez ir reflexionando sobre o sentido e o significado de cada unha das súas figuras. Poñeremos o boi e maila mula, os magos, os pastores, María e Xosé por ultimo ao Neno Xesús. Todos eles son personaxes que "abriron fronteiras":
Para cada un destes personaxes atoparedes actividades, cancións, unha oración, un texto do evanxeo e outros textos (contos, poemas, etc... ) para pasar a fronteira mencionada. Este material non é para facer unha sesión con todo o proposto, está pensado para que o responsábel de cada póla, o animador, o monitor, o catequista ou o mestre atopen unha serie de recursos a empregar nas súas sesións de aquí ao Nadal e o adapte ao seu grupo, ao tempo do que dispoña, etc. Os materiais (só dispoñibeis en castelán) están divididos por idades: Tamén podedes facer clic AQUI para vos descargar o cartel deste ano en versión para imprenta |
|
Historia da Luz da Paz de Belén A campaña da Luz da Paz de Belén era organizada orixinariamente pola television pública austriaca, formando parte dun gran programa benéfico chamado "Luz na Escuridade", adicado a nenos e nenas necesitados en Austria e fóra do páis. Cada ano, un neno do norte de Austria recolle a Luz na cova onde naceu Xesús e lévaa a Europa dende onde se distribúe, nunha cerimonia ecuménica en Viena, unhas semanas antes do Nadal. Desde 1990 houbo un gran acordo de cooperación entre os Scouts e Guías de moitos paises, o que permitíu que a luz viaxara por Europa e América. E así como delegacións scouts de toda Europa principalmente asisten á celebración para levar a Luz ao seu pais de orixe, cunha mensaxe de Paz. Unha vez na casa, levan a cabo unha cerimonia onde outros scouts e guias poden recollela e levala a outras igrexias, casas particulares, hospitais, residencias de anciáns, cárceres, lugares públicos e de importancia cultural e política ou a calquera lugar onde o seu significado sexa ben acollido. Scouts de Galicia participa activamente neste proxecto dende hai algúns anos, despois de que en 1999 comezara a participar o MSC, co propósito de levar a "Luz da Paz" e a mensaxe do Nadal a tantas persoas como sexa posíbel, e o de animar aos scouts, coma membros dun movemento internacional, a participaren activamente no traballo da paz, con independencia das súas opinións ou condicións culturais, étnicas, políticas ou relixiosas. O proxecto pouco a pouco se vai consolidando entre os grupos scouts de SdG e os seus contornos, e pouco a pouco imos conseguindo estender o proxecto a máis vilas e lugares e levar esa mensaxe do nadal a máis persoas do noso país | |