Scouts de Galicia - Escutismo Católico Galego é unha federación interdiocesana, aprobada pola Conferencia Episcopal Española, que reúne a perto de 800 rapaces e mozos, e a máis de 100 responsables adultos, organizados en grupos scouts. Cada un destes grupos pertence á Asociación Diocesana de Escutismo da súa diócese. Actualmente, Scouts de Galicia - Escutismo Católico de Galicia é conformado por tres asociacións diocesanas: a ADE de Santiago de Compostela, a ADE de Tui-Vigo -á que están adscritos na actualidade os grupos da diócese de Ourense-, e a ADE de Mondoñedo-Ferrol.