Scouts de Galicia

Novas

Premios do Concurso de Debuxo de MSC

27.11.2006 - www.scoutsgalicia.org -

Dous membros do Grupo Scout Berbés (Vigo) de Scouts de Galicia - ECG veñen de resultar gañadores de senllos primeiros premios

Premios do Concurso de Debuxo de MSC

Segundo a comunicación feita por Jose Antonio Guardiola, o Comisario Internacional do MSC, dúas personas da nosa asociación, membros do Grupo Scout Berbés da cidade de Vigo, resultaron gañadoras de dúas das cinco categorías do concurso de debuxo \"Celebrando o Centenario Scout\" organizado polo MSC.

- Juan Pablo García Amboage (Categoría A: de 8 a 11 anos)
- María Fernández Gonzalez (Categoría E: maiores de 20 anos)

Ademais dos correspondentes diplomas acreditativos, os gañadores recibirán un maletín con óleos, lenzos e pinceis. Por outra banda, os debuxos gañadores nas cinco categorías serán difundidos na páxina web da federación MSC e na revista \"Kraal\" adicada monográficamente ao Centenario do Movemento Scout.

Dende a Mesa Xeral de Scouts de Galicia - E.C.G. tamén desexamos felicitar aos nosos compañeiros do Grupo Scout Berbés gañadores deste concurso, así como animarvos a todos vós a seguir participando nas diferentes actividades que se han celebrar co gallo do Centenario no 2007.

[ Voltar ]